viernes, 29 de abril de 2016

Reflexión final do cursiño “Ambientes personais de aprendizaxe e redes sociais na educación”


Como fin de festa do cursiño “Ambientes personais de aprendizaxe e redes sociais na educación” quero facer unha sincera declaración: Quedei encantado có aprendido.
A pesar de que algunha das ferramentas utilizadas no cursiño xa as coñecía e empregaba, despóis deste curso aplico máis atención e uso delas, ademáis de coñecer algúns “segredos” que non tiña parado a descubrir.
De feito, no apartado “curación de contidos”, o novo contacto con Pinterest fíxome aficionarme á busca de recursos e atópome entusiasmado, ainda que falto de tempo para aproveitar todo o seu potencial…
O outro aspecto a destacar desde a miña prespectiva é a oportunidade de contactar e seguir as aportacións de muitos e bos profesionais da nosa apaisoante profesión.
Parabéns aos profes titores pola súa atención e bo facer, e agradecido a súa tarefa de aportar un bó toque de humor nas súas intervencións. Espero que todos nos, os inocentes alumnos e alumnas sepamos aproveitar todo o aprendido.

Saúdos a todos e todas e ánimo para a recta final do curso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario